Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

FUXE. Neste Blog intentaremos despexar tódalas dúbidas que nos teñen sumidos en esta escalada de rematar co planeta, denunciar aos que tratan de prolongar este sistema económico neste mundo de neoliberalismo salvaxe.

Se queres escribirme

p10005461.jpg

¿O 11 S puido ser cousa de Bush?

fuxe — 09-04-2009 GTM 1 @ 21:27
A actual ministra francesa de Vivenda e Urbanismo, a conservadora Christine Boutin, non se corta. Pregúntanlle nunha entrevista se cre que Bush ?pode estar na orixe do 11-S? e ela contesta que ?si, é posible?. Ler máis....Rue89

( Imos ver canto tempo aguanta este vídeo na rede )

Fuxe:Que casualidade despois de 6 anos que digan isto. Coido que os que pensamos como as gastan os Ianquis, sabendo da súa historia bélica, a CIA cos grandes asasinatos e os magnates do gran capital que son capaces de descuartizar as súas nais para lograr uns obxetivos, a xustificación dese atentado para lograr meterlle o medo ao persoal mundial e ao mesmo tempo asinar leis represivas recortando as liberdades, atacar paises que non están na súa onda, e moitos máis etc. etc.. Nós (que somos moitos neste mundo mundial) os que pensamos desta maneira, xa desde o primeiro día do atentado xa tiñamos a "mosca detrás da orella". E cada vez que hai máis pescuda sobre o tema, máis razón nos acompaña.

Que o diga unha ministra francesa agora, non me dice ren. Dos Ianquis pódese agardar de todo, inclusive se as cousas lles van mal para o Imperio son capaces de morrer matando, en iso non teño a menor dúbida.

Unha das cousas que máis me impactou aquel día, foi a coincidencia do día e mailo mes co golpe de estado de Pinochet en Chile, sorprendente. Digo eu. Nonsi.

Vídeo da manifestación en

Madrid contra o ataque

xenocida de Israel a Gaza.

 

Leron o comunicado

Rosa María Mateo, Carmen Machi e Federico Mayor Zaragoza

 

Video recollido de Al Jazeera do ataque

asasino  israelita á escola da ONU en

Gaza.

 

O exército israelí acusou a Hamas de utilizar aos civís refuxiados dentro do edificio como "escudos humanos" e afirmou que as súas tropas responderan ao lume despois de que combatentes disparasen morteiros contra as súas posicións desde o interior da escola ao-Fakhora no campo de refuxiados de Jabaliya.

Pero John Ging, o director de operacións en Gaza da Axencia de Nacións Unidas para o Traballo e o Socorro (Unrwa), dixo aos xornalistas que el visitou a escola durante a tregua de tres horas deste mércores e "a dirección da escola confirmou que non había militantes dentro da escola".

Ging agregou que se trata de "o seu propio equipo, un equipo con experiencia e moitos anos de servizo". "Estou moi seguro agora de que non había ningunha actividade militante dentro da escola nin militantes dentro", declarou.

Ging reitera o seu chamado a unha investigación independente sobre o incidente. "Se alguén ten probas pola contra, que as expoña", dixo Ging.

O exército israelí declarou este mércores que se reafirmaba no seu comunicado do día anterior no que argumentaba que se dispararon morteiros "desde o interior" da escola, pero logo emitiu outro comunicado posterior no que eliminou a palabra "o interior" para dicir "lume de morteiro desde" a escola.

Chris Gunness, voceiro de Unrwa, afirmou que esta era "unha distinción extremadamente importante, porque se fixeron acusacións moi serias contra nós de que as nosas instalacións estábanse utilizando para disparar foguetes".

Michel Abdel Massih QC, un avogado de Dereito Internacional Humanitario con sé en Londres, tamén chamou a unha investigación independente.

"Para examinar adecuadamente os argumentos israelís necesitamos un tribunal independente. A Corte Penal Internacional estableceuse para tratar estes asuntos, de modo que o Consello de Seguridade de Nacións Unidas ten un mecanismo para ordenar unha investigación do caso", declarou á o Jazeera.   


 

 

A gran mentira do neoliberalismo-Afganistán

fuxe — 09-12-2008 GTM 1 @ 14:35

 A gran mentira do neoliberalismo    

Tres frontes de conflitos militares principais -segundo coinciden varios expertos- axexan á futura administración imperial de Barack Obama: Irán, o Cáucaso e Afganistán. Deses tres escenarios predominantes, a guerra de ocupación en Afganistán sobresae nítidamente como a fronte máis "perigosa" para o eixe ocupante EEUU-OTAN, onde as tropas atópanse sometidas a unha feroz e sanguenta contraofensiva dos talibans que -segundo un influyente centro de estudos británicos- xa controlan o 72% do país. Agora os talibanes -segundo The New York Times- "van por Kabul" onde se atrincherarán os novos contingentes de soldados enviados polo Pentágono para defender o último bastión da ocupación.    

IAR Noticias  

---------------------------------------------- 

A estratexia de conquista capitalista e militar que Bush e os halcones imperiales lanzaron detrás da pantalla da "guerra contraterrorista", emerxente do 11-S, comeza a resquebrajarse en Afganistán onde a resistencia talibán e os mortos estadounidenses e europeos crecen en simétricas proporcións.

Xa estamos fartos de tanta mentira desde o 11S, causa efecto, da xustificación para invadir calquera país, nunha operación moi ben orquestada desde as transnacionais do armamento. Esas mentiras que moita xente fumos tragando como se foran rodas de muíño ao final de todo isto rematamos cunha crise financeira, milleiros de mortos e países esnaquizados, por esa política de capitalismo salvaxe abandeirada por ese nefasto presidente de EEUU chamado Bush. Política seguida por Europa e sen esquecer aos socialdemócratas. Sr. Zapatero, retire as tropas que ten en Afganistán das súas labores “humanitarias”.

Fuxe.

 

Unha vara de medir de distinto raseiro

fuxe — 03-12-2008 GTM 1 @ 20:20

Unha vara de medir de distinto raseiro    

 

No pasado 9 de novembro saiu unha nova das axencias informativas dando a explicación do exército de EEUU despois de matar a 37 civís afganos e ferir a outros 35. afghanistanmarineslogo6up.jpg

 Segundo os xefes militares culparon aos talibáns que tras atacar ás súas tropas fuxiron para un pobo onde non permitiron á población sair, polo que o exército viuse na obriga a bombardealos a todos.  

A pregunta é: ¿E se acontecese ao contrario?. Que o exército americano estivese nunha poboación e os talibáns atacásena matando civís, ¿sería responsable o exército de EEUU?.     

 

VIDEO

"Acepto" Unha reportaxe de denuncia

fuxe — 01-12-2008 GTM 1 @ 15:50

" ACEPTO"

Neste Blog intentaremos despexar tódalas dúbidas que nos teñen sumidos en esta escalada de rematar co mundo, denunciar aos que tratan de prolongar este sistema económico neste mundo de neoliberalismo salvaxe coa complicidade dos grupos transnacionais, os políticos da dereita e extrema, sen omitir o máis importante, a complicidade dos socialdemócratas de Europa para vergoña dos que lle votamos amparándose nunhas siglas de esquerda (PSOE) que non lle corresponde na súa actuación.

Nembargantes, todos nós somos cómplices desta desfeita ao aceptar todos estes desmáns ao non facer nada por evitalo. Por iso lles poño un vídeo e denuncia do título “Acepto”.

( Na Alemania Nazi, un señor dicía: "...vinieron a por los ácratas y no hice nada, vinieron a por los comunistas y no hice nada, vinieron a por los judios y nada hice, vinieron a por los socialistas y no moví ni un pelo. Vinieron a por mi, y no tenía a nadie a quien recurrir".)

A partir deste primeiro Post, iremos analizando o máis profundo sobre este tema, inclusive con opinións de persoas entendidas na materia en exclusiva para “Alborada”.

Graciñas pola vosa atención. 

--------------------------------------   

Subtitulamos esta montaxe co provocador texto de denuncia do sistema económico ultraproductivista e globalizador escrito por un anónimo e lido nunha radio francesa o 11 de Setembro de 2003. Para realizar estes subtítulos utilizamos (con lixeiras modificacións) a traducción dispoñible en proxectomatriz:

”Acepto” é un texto -publicado en 2003 para conmemorar o triste aniversario dos acontecementos do 11 de setembro- “altamente simbólico para a humanidade”. Este texto, que foi lido, entre outros, na radio francesa NSEO.com , recórdanos severamente o contrato social que aceptamos con prórroga. Un acordo tácito que asinamos cada mañá ao espertar e simplemente non facer nada . Algo máis que unha crítica social, neste breve texto destácanse os feitos resultantes da nosa innegable predilección pola comodidade, a indiferenza e. A marxinación

Feito por Amizade sobre a Terra, o 11 de setembro 2003. Un anónimo que enviou o texto a NSEO para que fose radiodifundido.

Grazas á colaboración de Jagzam, podemos ofrecer tamén aquí o vídeo subtitulado en español. Subido a YouTube por “SubtUtiles”.

 

VIDEO

 

Presentación

fuxe — 30-11-2008 GTM 1 @ 23:13

 

PRESENTACIÓN 

Nesta alborada do día un de decembro de 2008, comezo unha andaina nova en isto  

das autoestradas da rede. O tempo dirá os resultados, intentarei facelo Blog o máis  

positivo posible, sempre que as miñas ocupacións o permitan.

    Fuxe